SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ENSAMBLE VOCAL FEMININO EGERIA INTERPRETA O SÁBADO EN SOBER O SEU EXITOSO PROGRAMA ‘IACOBUS YSPANIAS’



O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado día 5 de marzo un concerto de Egeria, un ensamble vocal feminino especializado na interpretación da música medieval, cuxo repertorio está centrado especificamente no medievo, sen concesións de ningún tipo ante outras épocas ou estilos. A actuación será no Centro Sociocultural as 19:00 horas con entrada gratuíta.
 
Co seu traballo ‘Iacubus Yspanias’, Egeria propón romper as barreiras dun repertorio relegado ao esquecemento e maltratado pola historia,  redescubríndoo para o noso contexto contemporáneo.
 
Desde a súa creación no ano 2017, o conxunto recibiu as mellores críticas dos maiores especialistas na materia, obtendo en 2020, o galardón ao Mellor Grupo de Música Medieval outorgado pola asociación de Grupos Españois de Música Antiga, XEMA. Ademais, foi un dos grupos seleccionados para participar no  International  Youth Music  Presentation, así como en  MusaE e a Rede de Mocidades Musicais.
 
Como homenaxe á viaxeira que lles dá nome, Egeria expón todos os seus programas de concerto como cadernos de viaxe, nos que poñen en relevo a paisaxe sonora da Europa medieval ofrecendo unha experiencia única e individual a cada oínte: a vivencia inigualable de descubrir un repertorio vinculado coa esencia máis fundamental do ser humano que poucas agrupacións se atreven a abordar, dunha maneira honesta e próxima, baseada sempre no rigor da investigación e a interpretación histórica.
 
Neste programa, recolleren testemuños dos tres destinos máis emblemáticos para a peregrinaxe medieval: Roma, Xerusalén e, por suposto, Santiago de Compostela. Partiren con destino a terras galas, pasan por terra de trobadores en Francia e encamíñanse cara a  Hispania. Tras cruzar os Pirineos, deteranse brevemente na cidade de Burgos, e finalizan o seu camiño en Santiago de Compostela. Con esta miscelánea de estilos e sons, queren evocar a paisaxe sonora destes camiños medievais, cosmopolitas e multiculturais.
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com