SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PARTICIPA POR VEZ PRIMEIRA NA CAMPAÑA DA XUNTA ‘COME LOCAL’ DESTINADA AOS COMEDORES ESCOLARES GALEGOS



A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), está a promover por terceiro ano consecutivo a campaña “Come Local” nos comedores escolares, co fin de impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade nestes espazos educativos.
 
O Concello de Sober súmase por vez primeira a esta campaña a través do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, o único da Comarca que formará parte desta iniciativa.
 
Así, ata o vindeiro 21 de xuño de 2022, impartirase formación e asesoramento aos responsables dos comedores adheridos a este programa. Neste senso, non só de trata de degustacións de menús especiais senón que tamén desenvolveranse actividades formativas tanto sobre  as características nutricionais dos propios produtos, como o impacto que supón o consumo de produtos certificados na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
 
Este programa tivo moi boa acollida nas súas dúas anteriores edicións, e nesta ocasión participarán 14 comedores escolares das catro provincias galegas. Son: CEIP Labarta Pose (Zas), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), CEIP de Palas de Rei (Palas de Rei), CEIP Plurilingüe de Luíntra (Luíntra), Nuestra Sra. de los Remedios (Compostela), CEIP Filomena Dato (Barbadás), CEIP Rogelio García Yáñez (Ramirás), CEIP Roberto Blanco Torres (A Peroxa), EI Marisma de Santa Mariña (Redondela), CEIP de Soutelo de Montes (Soutelo de Montes), CPI Alcalde Xosé Pichel         (Coristanco) e CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober), CEIP Virxe da Barca (Muxía) e o CEIP Ruxidoiro de Barbadás.
 
No presente curso, levaranse a cabo numerosas degustacións de produtos provistos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou produtos ecolóxicos, ademais de impartirse charlas formativas para que os máis cativos coñezan a importancia de consumir produtos locais e como poden identificalos de xeito sinxelo grazas ás distintas etiquetas dos selos de calidade.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com