SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PROGRAMAN UN CONCERTO DE FRAUTA CON MARTA TORRES PARA ESTE SÁBADO



A frautista Marta Torres presentará o sábado en Sober o seu espectáculo ‘The Magical Flute’. O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.
 
O concerto
‘The  Magical  Flute’ é un programa onde a frauta traveseira se presenta como único instrumento encargado de namorar ao público, mostrando a versatilidade do seu son grazas ao extenso repertorio composto ao longo de cinco séculos. Escoitaremos desde ‘As  Folies d' Espagne’ ata a música dos compositores do noso país, pasando polo impresionismo de  Debussy e a potencia  tímbrica de  Berio. Un concerto completo da man do incrible son da frauta traveseira que non deixará indiferente a ninguén.
 
Marta Torres realizou os seus estudos superiores de frauta no Conservatorio de Liceo de Barcelona con  Christian  Farroni, e posteriormente os estudos de máster na Universidade  MUK de Viena con Karl- Heinz  Schütz, solista da Orquestra  Filharmónica de Viena. Gañou varios premios de música de cámara, foi finalista da Categoría Superior do Concurso Nacional de España ‘Andalucía Frauta’, e en 2019 obtivo o Segundo Premio de Mocidades Musicais de España da modalidade de vento. Colabora regularmente con orquestra profesionais, actividade que compaxina cos seus proxectos de cámara.
 
Programa
Francisco López-Martín: Mängata
 
Georg Philipp Telemann: Fantastia nº10 en Fa #menor
 
Friedrich Kuhlau: Divertissemente nº6, op. 68
 
Francisco Tárrega: Recuerdo de la Alhambra (arr. de Francisco López-Martín)
 
Claude Debussy: Syrinx
 
Luciano Berio: Sequenza I
 
Marin Marais: Les Folies d'Espagne
 
Isaac Albéniz: Asturias (arr. de Francisco López-Martín)
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com