SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PROGRAMAN UN CONCERTO DE PIANO PARA ESTE SÁBADO



A soprano Mireia Tarragó e a pianista Carmen Santamaría presentan o sábado en Sober o seu espectáculo ‘A voz do silencio’. O concerto forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ que organiza o Concello en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada libre.
 
O concerto
Ao longo da historia, a muller foi en diversas ocasións  subestimada en prol da figura masculina, a mercé da vontade do pai ou baixo a sombra do marido ou irmán. Para romper con este estigma, as dúas músicas pretenden dar igualdade a unhas e outras, con cancións compostas por mulleres tomando poemas de homes, homes que compuxeron tomando poemas de mulleres, e homes inspirados en personaxes femininos de diferente índole. A súa insignia é a difusión e equiparación da presenza feminina no panorama artístico actual. Engaden unha particularidade máis a esta proposta. Unha compositora e un compositor que sufriron a persecución e o horror nazi. Aos dous arrebatóuselles a vida e a voz...  Viktor  Ullmann e  Ilse  Weber, dous prisioneiros no campo de concentración de  Theresianstadt, ambos asasinados en Auschwitz. Con este concerto queren volver dar voz a artistas que, por un ou outro motiva, foron silenciadas.
 
As músicas
Comezan a súa traxectoria como dúo en 2016, sendo ambas as alumnas da ESMUC co profesor Francisco Poyato. Actúan en Artte, MNAC e  Goethe  Insitut. En 2019 retoman a súa actividade como dúo actuando en Castro Urdiales e Santander dentro do proxecto ao redor da figura do compositor cántabro Arturo Dúo Vital da artista visual Inés García "Seis cancións populares montañesas". A partir deste proxecto nace o seu primeiro disco da integral das obras do compositor "Arturo Dúo Vital, unha voz en branco e negro" estreando en xaneiro de 2021. En decembro de 2019 foron seleccionadas para participar no concurso internacional de París "Nadia  et  Lili  Boulanger". Tamén participaron xuntas no concurso O Primeiro Palau de Barcelona, no cal foron galardoadas.
 
Programa
Pauline  Viardot:  Twelve  songs  after  poems  by  Pushkin,  Fet  and  Turgenev (selección)
 
Robert  Schumann:  Sieben  Lieder  nac Elizabeth  Kulmann,  op. 104 (selección)
 
Clara  Schumann:  Sechs  Lieder,  op. 13 (selección)
 
Alma  Mahler:  Fünf  Lieder (selección)
 
Francis  Poulenc:  Métamorphoses, Louise de  Vilmorin
 
Matilde Salvador: Voces doutro beira (selección)
 
Viktor  Ullman:  Drei  jiddische  Lieder ( Breulinka) (selección)
 
Ilse  Weber:  Wiegala;  Und  der  Regen  rinnt
 
Kurt  Weill:  Nanna' s Lied
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com