SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BIBLIOTECA DE SOBER RECIBE DE NOVO UN DOS PREMIOS MARÍA MOLINER DE ANIMACIÓN Á LECTURA



A biblioteca pública de Sober acaba de ser galardoada cun dos premios María  Moliner de animación á lectura que conceden o Ministerio de Cultura e a Federación Española de Municipios e Provincias. O centro xa conseguira este galardón noutras seis ocasiones. A distinción foille outorgada por un programa denominado ‘Sober coa lectura’ que comprende actividades para nenos e adultos. O premio conleva unha subvención en metálico de 2.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.

Os premios María  Moliner concédense ás bibliotecas que levan a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura e valoran especialmente aspectos como a eficiencia no labor bibliotecario, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías. A biblioteca de Sober foi a única da provincia, xunto coa de Xermade, que foron premiadas na edición deste ano.

As actividades de animación á lectura son programadas pola bibliotecaria Julia Fernández Garza, a animadora sociocultural  Dunia Rodríguez Vázquez e a técnica municipal de informática Rocío Fernández Pérez. Entre estas actividades figuran o programa semanal  Merendas con  Contos, dedicado aos usuarios de idade escolar, e o club de lectura Pintor de  Castinande, para usuarios adultos, así como moitas outras actividades que se organizan ao longo do ano.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asegura que esta nova distinción “é un recoñecemento ao traballo que se fai, e que non cesou durante a pandemia porque sempre cremos que o apoio á cultura é fundamental tamén en momentos complicados e xa desde as idades máis temperás”.
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com