SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTARÁ O 6 DE NOVEMBRO O DOCUMENTAL ‘NOSOUTRAS - RELATOS FEMININOS’



O Concello de Sober presentará o vindeiro 6 de novembro o documental ‘Nosoutras - Relatos Femininos’, a segunda parte dun proxecto de igualdade que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do mundo rural e de facer visibles as condutas machistas que xerminan neste contexto.
 
A través desta iniciativa seis testemuñas femininas narran, con auténtica humildade e sinceridade, a súa biografía e como o feito de ser muller ten influído ao longo das súas vidas.
 
O proxecto ‘Nosoutras’ está recollido en dous formatos. O primeiro deles o papel, a través dunha publicación na que coñecemos os relatos de Pili, Noelia, Otilia, Samanta e Sara, o que permitiu, mediante o sentido do tacto e da vista, achegarnos ás súas historias de vida. Os relatos presentáronse nun acto público e tamén se difundiron a través das redes sociais do Concello de Sober, onde tiveron grande éxito.
 
Agora o proxecto dá un paso máis e achégase ao mundo audiovisual para traspasar cada un dos nosos sentidos.
 
O 6 de novembro proxectarase o documental ‘Nosoutras - Relatos Femininos’ no salón de actos do Concello de Sober. A presentación estará acompañada da arte musical de Sara Méndez Arias e Ana Fernández Gayoso.
 
Aforo limitado
Debido á situación na que nos atopamos, o aforo estará limitado, sendo necesario reservar para poder acudir. Para elo, as persoas interesadas en asistir poden chamar ao 982 46 05 13, de luns a venres e de 08:00 a 14:00. O prazo finaliza o 28 de outubro.
 
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra Violencia de Xénero e a súa planificación e elaboración executouse dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración da empresa Némesis Audiovisual.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com