SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
NOVA FASE DE ESCAVACIÓNS NO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE PROENDOS



Os traballos de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, que impulsa a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Sober, inician hoxe unha nova fase.
 
En concreto, a empresa Tempos Arqueólogos, encargada da exploración do xacemento, desprazou a seis traballadores ata a localidade onde xa se atopan levando a cabo as súas escavacións, que se prolongarán durante dúas semanas.
 
A actuación vai consistir na apertura da parte suroeste do hórreo romano aínda sen escavar atopado nos anteriores traballos, un achado que podería converterse no máis grande de Galicia e o primeiro da Comunidade vinculado a unha vila romana.
 
A maiores, levarán a cabo traballos de escavación preto da igrexa para analizar a posible existencia dun posible columbario formado por varias estruturas circulares.
 
Cómpre recordar que no traballo de campo anterior saíron á luz numerosos materiais de ampla cronoloxía que van desde o século I ata o século V.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com