SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
EVA AMARAL SERÁ A PREGOEIRA DA XLI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober desvela que Eva Amaral, a cantante, compositora e música española, integrante do grupo de rock​​​ ‘Amaral’ será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 11 e 12 de agosto.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece que a música e compositora, vinculada familiarmente coa Ribeira Sacra desde hai anos decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 do mediodía na Praza do Concello.
 
O Goberno local recorda que un dos seus últimos vídeoclips, ‘Halconera’ foi gravado integramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.
 
“Cremos que Eva é unha persoa vinculada á Ribeira Sacra e moi coñecida e recoñecida, polo que nos seguirá axudando a que a nosa cita co mundo do viño siga facéndose máis e máis grande a pesar das circunstancia e das limitacións sanitarias ás que temos que darlle cumprimento”, resume o rexedor.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com