O CONCELLO DE SOBER COLOCARÁ UN STAND INFORMATIVO PARA FOMENTAR A UTILIZACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL
O vindeiro venres día 28 , o concello de Sober colocará un stand informativo na Praza do Concello, en horario de 10:00 a 13:30 h, para informar á cidadanía sobre o novo servizo de punto limpo ambulante, a través do que se ofrece a posibilidade aos veciños e veciñas do municipio de depositar os residuos de forma axeitada. Asemade, durante estas actuacións aproveitarase para fomentar a cultura da reciclaxe entre os asistentes, e para facer entrega de bolsas reutilizables.
O punto limpo móbil, adquirido co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, disporá dunha ruta coa que se garantirá o acceso ao servizo por parte da veciñanza. Poderanse depositar residuos como pilas, fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe.
|