SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE UN AMBICIOSO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS QUE BENEFICIARÁ ÁS 22 PARROQUIAS



O Concello de Sober está acometendo un ambicioso Plan de mellora de camiños que beneficiará ás 22 parroquias. O investimento total previsto ascende a preto de 600.000 euros.
 
As obras incluídas nos plans de 2020 e 2021 están xa executándose. As previstas para 2020 sufriron algún retraso como consecuencia da pandemia.
 
Con cargo o Plan Único execútanse obras por 225.000 euros, con cargo ao Plan Marco da Consellería de Medio Rural invístense 140.000 euros, no Plan Infraestruturas Rurais inclúense obras por importe de 100.000 euros e con fondos propios do Concello arredor de 125.000 euros.
 
Obras xa rematadas
Entre as obras xa rematadas están os accesos a Mourentán e O Souto de Vilachá en Doade; Santo Tirso e Cantón en Amandi; O Rodeiro e Abanante en Lobios; As Gándaras en Pinol; Moreda en Vilaescura, Carboeiro, Os Cancelos e A Pena en Gundivós; Corvelle e A Carqueixa en Proendos; A Vacariza en Neiras; Camporrairo e as rúas da Panadería e a Fábrica en Canaval, Nogueira, A Mogueira, A Burdalla e A Cigueñeira en Anllo; San Paio, A Paixón e a estrada de Matamá a Arxemil en San Martiño; Ferrón, O Piñeiro, Villoriz e de Santa Marta a O Pinar en Bolmente; así como o camiño dende a igrexa de Barantes a Suairexa.
 
Próximas obras
Nos próximos días faranse, entre outras, as obras de acondicionado de O Ventorrillo a O Fervedón e os accesos a O Roxo en Neiras; os accesos a Travesa e As Cortiñas en Amandi; dende As Casas ata A Veiga en Figueiroá; o camiño de O Pital en Bulso, accesos a San Xis, Piantes e Gandarela en Brosmos, Vaz en Vilaescura, O Castro en Liñarán, os accesos a Fervenza e Cuñas en San Martiño de Anllo, Cima de Vila e estrada de Santa Marta a Villoriz en Bolmente, así como a estrada dende a igrexa ata Barantes de Abaixo.
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com