SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
EDUARDO PÉREZ BAAMONDE, GAÑADOR DO CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DA XLI FEIRA-MOSTRA DO VIÑO DE AMANDI



Un xurado presidido por Humberto Loureiro elixiu entre 25 propostas recibidas o cartel que anunciará a XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi que se celebrará previsiblemente os días 11 e 12 de agosto. A data dependerá da evolución da pandemia e será consensuada coas bodegas da subzona de Amandi nunha reunión que se celebrará no prazo dun mes.
 
Para o concurso recibíronse carteis de diferentes puntos do Estado, como Canarias, Cataluña, o País Vasco, Baleares, Asturias, Castela-León ou A Rioxa, entre outras. O grupo máis numeroso chegou da propia Comunidade.
 
A proposta gañadora foi a titulada 'Filiberto Estroncio' da autoría de Eduardo Pérez Baamonde. Resultaron finalistas os traballos 'Con moito mimo' de Isabel Núñez Montero, de Pontevedra, que resultara gañadora no ano 2020; 'Sabor y Color' de Alfonso Giménez Ventura de Betxi (Castellón); 'Amandi Vista Satélite' de Maica Otero Cores, da Illa de Arousa; e 'Camiños Rosados' de Codés Lillo Irimia, de Lourenzá.
 
Eduardo Pérez Baamonde é natural de Vilalba e exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio. Amante do deseño gráfico e da pintura empeza a crear imaxes e a expoñer a principios dos oitenta. Nos últimos anos participa con asiduidade en diversos certames acadando varios premios e recoñecementos. Tamén destaca a súa actividade como ilustrador.
 
Premios
O gañador recibirá 600 euros, un diploma e un lote de viño de Amandi, e o seu cartel será a imaxe da XLI Feira-Mostra do Viño de Amandi. Os finalistas recibirán tamén un diploma, un lote de viño de Amandi e os seus carteis estarán nun lugar destacado na exposición que se organice con todos os orixinais participantes no concurso.
 
O cartel gañador farase público cando se presente a programación do ‘Mes do Amandi’, as actividades previas á XLI Feira do Viño de Amandi.
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com