SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO PRESENTA O PROXECTO ‘SOBER É QALIDADE’ CO OBXECTIVO DE PROMOVER A REDE DE MIRADOIROS



O Concello de Sober vén de presentar o proxecto ‘Sober é Qalidade’ co obxectivo de promover a súa rede de miradoiros, que a finais de 2020 foi distinguida pola Instituto para a Calidade Turística de España como Espazo Público Singular. Trátase dun recoñecemento que só teñen cinco espazos en todo o Estado.
 
Co proxecto dado a coñecer hoxe o Goberno local pretende presentar e amosar o turismo de calidade dunha maneira próxima e humana a través  dos profesionais de diferentes sectores que desenvolven a súa actividade no Concello.
 
O proxecto desenvolverase ao longo de varios meses nos que os dez  miradoiros de Sober serán os protagonistas a través da visita dos profesionais dos establecementos turísticos, restauradores, viticultores, guías, alfareiros, empresarios, etc para dar conta da beleza e singularidade do noso patrimonio.
 
Nas redes sociais do Concello de Sober irase presentando unha paisaxe humanizada a través das súas xentes ao tempo que se irá dando a coñecer a oferta turística do municipio para atraer novos visitantes.
 
Actividades para todos os públicos
A maiores, faranse actividades promocionais para todos os públicos, como concertos, cursos de iniciación á fotografía, cursos de pintura ao aire libre, cursos de cata, observación de estrelas e de aves, xornada de lectura interpretada, así como unha xornada de portas abertas á igrexa de San Xoán de Lobios para contemplar os seus murais.
 
Os nenos tamén terán o seu espazo nesta programación con cursos de pintura, contacontos, e visita ás pinturas murais de Lobios, entre outros.
 
A proposta completarase con publicacións específicas de cada miradoiro, así como cunha guía de rutas turísticas.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “imos promocionar os nosos miradoiros, atraer turistas e mellorar a sinalización e accesos, ao mesmo tempo que damos a coñecer a través dos nosos profesionais a enorme oferta cultural, gastronómica e turística que temos en Sober”.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com