|   | 
  | 
| NOVAS | 
 
ALUMNADO DO IES O RIBEIRO DE RIBADAVIA RECIBE CLASES PRÁCTICAS DE PODA NA VIÑA EXPERIMENTAL DOS CHANCÍS 
 
 
  
 
O Concello de Sober convida un ano máis ao alumnado do IES O Ribeiro de Ribadavia a facer traballos prácticos na viña dos Chancís, de propiedade municipal. 
  
O alumnado do centro visita esta parcela dúas veces ao ano, unha para a poda e outra para a vendima. Do mantemento da finca encargase o Concello de Sober. 
  
No día de onte 15 alumnos e 3 docentes estiveron facendo traballos de poda ao longo de toda a mañá. Trátase do alumnado que está estudando os Ciclos de Formación Profesional de grao Medio de Aceites e Viños, e o de Grao Superior de Vitivinicultura. 
  
Está previsto que no mes de setembro volvan de novo aos Chancís para recoller a uva. 
  
Experiencia moi satisfactoria 
Segundo relataron os propios alumnos a experiencia, a primeira para eles por ser dos primeiros cursos relacionados con viticultura, foi moi satisfactoria xa que puideron contemplar diferentes sistemas de produción, e as particularidades de propia zona como é a Ribeira Sacra, tan diferente ao lugar no que eles reciben formación, así como unha paisaxe moi bonita na que están enclavadas as fincas. 
  
  
  
 
  
 |   
 |  
| 
 |   
 | 
 
 
 | 
 
  |