|   | 
  | 
| NOVAS | 
 
A SOBERINA SUSANA RODRÍGUEZ PROTAGONIZA O DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA NO COLEXIO DE SOBER
 
 
  
 
O Concello de Sober e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme organizan para mañá xoves un encontro por videoconferencia coa doutora soberina Susana Rodríguez González. A actividade foi deseñada para conmemorar o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, que se celebra o propio xoves, día 11 de febreiro. 
  
A doutora, natural de Sober, é especialista en menciña física e rehabilitación (MFR) e ela mesma foi alumna do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. 
  
Na actualidade Susana Rodríguez é doutora da Unidade de Rehabilitación Neurolóxica e Dano Cerebral do Hospital Universitari Vall d'Hebron. 
  
A conexión por videoconferencia farase ás 11:30 horas e será seguida polo alumnado desde a Biblioteca do centro. 
  
O Concello de Sober agradece a colaboración da médica, que achegará a súa experiencia aos nenos e nenas de Sober. 
  
  
 
  
 |   
 |  
| 
 |   
 | 
 
 
 | 
 
  |