|   | 
  | 
| NOVAS | 
 
O PINTOR SOBERINO MODESTO TRIGO PROXECTA A CONSTRUCIÓN DUN MUSEO DE OFICIOS PERDIDOS EN GUNDIVÓS
 
 
  
 
O pintor e escultor soberino Modesto Trigo proxecta a construción dun Museo de oficios perdidos en Gundivós. Con este obxectivo o artista está a traballar nun proxecto que, proximamente, prevé achegar á súa vila natal parte da súa obra pictórica e tamén cadros de diferentes artistas. 
  
A idea vai máis alá da parte artística e pretende converterse tamén nun espazo de referencia para rescatar oficios perdidos ou case perdidos, como pode ser o de canteiro. Os cadros que formen parte das exposicións explicarán a tradición histórica e con eles animará a recuperar eses oficios como unha forma para asentar poboación no rural. 
  
Ademais do Museo, o artista ten previsto acondicionar un taller no que poder traballar as temporadas que estea en Sober, así como contar con diferentes espazos colaboradores nos que amosar a súa obra, relacionada directamente co rural da zona e a Ribeira Sacra. 
  
Tal e como el mesmo explica “trátase de poder pintar aí e traballar no concepto de aldea global desde o lugar no que nacín. Desa maneira o traballo que se faga servirá como resonancia de Gundivós e de Sober”. 
  
Recoñece que se trata dun proxecto “ambicioso” que reúne arte, ciencia e sustentabilidade co que non só expoñer arte, senón facerlle ver á xente que no rural tamén hai posibilidades. 
  
O pintor, natural de Gundivós, está afincado en Madrid e a súa obra pictórica ten sido exposta por todo o mundo. Na actualidade prepara unha exposición no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid titulada ‘Arte y Ciencia’. 
  
  
 
  
 |   
 |  
| 
 |   
 | 
 
 
 | 
 
  |