SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS TRAEN A SOBER ESTE SÁBADO O CONCERTO DE ‘SYNTHÈSE QUARTET’



O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais traen este sábado á localidade o concerto do cuarteto de saxos Synthèse Quartet para presentar os seu traballo ‘Música sin fronteras’. A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober con entrada libre.
 
O cuarteto está formado por Javier Valero Aladrén, saxofón soprano; Ángela Romera Tutor, saxofón alto: Ismael Arroyo Blázquez, saxofón tenor e Raúl Flox Prado, saxofón barítono.
 
O cuarteto
Na música nunca existiron fronteiras, por iso, hoxe en día temos unha gran riqueza musical que provén de moitos lugares distintos. O programa que presenta Synthèse Quartet, aposta pola difusión da variedade musical e brinda un percorrido por diferentes épocas e estilos nos que a música se concibe de maneira moi distinta.
 
A primeira parada son os  EUA e o compositor D. Maslanka; a segunda será Rusia e a súa mestizaxe sonora, neste caso protagonizado por  Glazunov. Por último, será a quenda de obra ‘Cidades’, unha obra de Guillermo Lago que pretende  copsar a sonoridade de tres cidades tan dispares como Addis Abeba, Saraievo e Córdoba.
 
Synthèse Quartet fórmase en outubro de 2017 no Conservatorio Superior de Castela e León. Os seus integrantes, inspirados pola idea de “síntese” como algo complexo que resulta de reunir distintos elementos que estaban dispersos ou separados, organizándoos e relacionándoos entre si, deciden outorgarlle ese nome á formación. O cuarteto creceu baixo as pautas de Anxo Soria,  Brenno  Ambrosini e Juan Clemente, ademais de recibir numerosas masterclass con profesores como  Marcus  Weiss,  Marie- Bernadette  Charrier, Fukio  Ensemble, Antonio García Jorge,  Ramon Lazkano, Alejandro Bustamante, Alberto Rosado ou Alberto  Chaves.
 
Foron galardoados co Primeiro Premio e Premio Especial do Público no X Concurso de Mocidades Musicais en Ávila na categoría superior, co Primeiro Premio no II Concurso Nacional de Música de Cámara de  Utrera “Abate Marchena”, co Premio Especial á mellor interpretación dunha obra española no XXII Certame de Mozos Interpretes “Pedro Bote”, co Primeiro Premio no XIII Concurso Nacional de Música de Cámara “Villa de  Cox” e co Primeiro Premio por dous anos consecutivos no III e IV Concurso de Música de Cámara do P.M.Salamanca.
 
Complementos á súa formación foron a xira de concertos celebrada en  Gdansk (Polonia) como galardón á súa participación no Festival  Salmuz de Salamanca, así como numerosos recitais que ofreceron por toda a xeografía española onde cabe resaltar salas como “El Pósito” (Sigüenza), “El Liceo” ou “Juan del Enzina” (Salamanca), “El club de regatas” (Santander) ou no Palacio de Congresos de Mérida. Ademais, en febreiro de 2020 tiveron a oportunidade de tocar e ser entrevistados no programa “Andante con moto” da emisora Radio Nacional Clásica. Como integrantes da aula 2.13 Sax de Salamanca participaron no “World  Saxophone Congress” celebrado en Zagreb (Croacia) en 2018, así como no festival  Ensems en Valencia.
 
Programa
David Maslanka: Recitation book
Aleksandr Glazunov: Saxophone Quartet, Op. 109
Guillermo Lago: Cidades. Addis Abeba, Saraievo e Córdoba
David Cantalejo: Obra sen título (estrea absoluta)
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com