SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER APROBA UNS ORZAMENTOS PARA 2021 QUE PRIMAN O GASTO SOCIAL E AS INVERSIÓNS



O Concello de Sober vén de aprobar os presupostos de 2021 nos que prima o gasto social e as inversións. As contas ascenden a 2.775.000 euros.
 
Transversalidade de xénero
Un ano máis o Goberno local tivo en conta para elaborar os orzamentos a previsión da transversalidade de xénero en cada unha das súas medidas, de xeito que se transmita unha imaxe efectiva igualitaria, plural e non esterotipada de homes e mulleres na sociedade.
 
Garántese a igualdade no acceso ao emprego, na formación, na promoción e nas condicións laborais. Promociónase a igualdade e a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (cultura, educación, política, economía, deporte ou saúde). Así, contémplanse diferentes accións dirixidas á prevención e á loita contra a violencia de xénero.
 
Rebaixas fiscais
O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que “estamos ante uns orzamentos totalmente realistas nos que unha vez máis prima o gasto social e os investimentos. Non se sobe ningún imposto, nin taxa, pola contra, contémplase a redución da taxa do lixo nun 10% e a gratuidade do segundo fillo na Gardería Municipal”.
 
A maiores, destínanse a benestar comunitario e gasto social preto de 1.400.000 euros, mentres que a Cultura, Educación e Deporte van arredor de 275.000 euros.
 
As inversións supoñen 800.000 euros dos presupostos. No capítulo de inversión séguese apostando por obras de saneamento e abastecemento con 140.000 euros, unha partida de máis de 100.000 euros para a mellora de camiños, que se verá incrementada co Plan Marco de Camiños Rurais. Prevese tamén un investimento de 245.000 euros na renovación de alumeados públicos, 122.000 para a rehabilitación de dúas vivendas municipais en Vilamaior e 40.000 para a mellora da rede de miradoiros (homologación da sinalización, aparcadoiros e mobilidade). No capítulo de inversión recóllese tamén a adquisición dun inmoble para Centro de Interpretación, a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos ou a reforma do parque infantil de Sober, entre outras.
 
Axudas ás familias e asociacións
Con cargo ás contas de 2021 creouse unha nova liña de axuda para libros e material escolar que se engade á de transporte universitario. As asociacións poderán optar a axudas para organización de eventos puntuais ou para proxectos de actividades.
 
Por último, segue tendo un peso importante o fomento do emprego cunha partida de preto de 60.000 euros.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com