SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA OS CERTAMES DE NADAL, QUE ESTE ANO SUMAN UN CONCURSO DE DECORACIÓN DE LOCAIS COMERCIAIS



O Concello de Sober abre o prazo para anotarse nos certames de Nadal, que este ano suman como novidade un concurso de decoración de locais comerciais. Ademais, con xa é habitual, o Goberno local convoca un certame de beléns, un de postais e un de poesía.
 
I Certame de decoración de locais comerciais
Poderán participar todos os veciños e veciñas que rexenten locais comerciais ou de hostalería de Sober e decoren escaparates ou fachadas situados en todo o termo municipal. O motivo e a temática da decoración será exclusivamente o Nadal. A inscrición poderase realizar ata o día 19 de decembro a través do correo cultura@concellodesober.comespecificando os seguinte datos: nome e apelidos, teléfono, local comercial participante con enderezo e tres fotografías da decoración do escaparate/fachada onde se aprecie ben os elementos que a forman.
 
Certame de beléns
Establécense dúas categorías: adultos e infantil. A inscrición poderase realizar ata o día 19 de decembro a través do correo cultura@concellodesober.comespecificando os seguinte datos: nome e apelidos, teléfono, categoría na que se participa e tres fotos do belén.
 
Certame de poesía
Poden participar todas as persoas con poesías sobre o tema xenérico do Nadal. Haberá tres categorías: A) Ata 8 anos. B) De 9 a 11 anos e C) De 12 a 16 anos. Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor/a. Os poemas serán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación remata o 19 de decembro e deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Sober. Os traballos premiados recibirán diploma e un lote de libros. Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.
 
Certame de postais
Poderán participar todas as persoas con postais sobre o tema xenérico do Nadal. Haberá catro categorías: A) Ata 8 anos. B) De 9 a 11 anos. C) de 12 a 16 anos e D) A partir de 17 anos. Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor/a. O tamaño e os materiais empregados nas postais son de libre elección. O prazo de presentación remata o 19 de decembro e deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Sober. Os traballos premiados recibirán diploma e un lote de libros.
 
Entrega de premios
A entrega de premios de todos os certames será na primeira quincena do mes de xaneiro.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com