SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER VOLVE RECIBIR O PREMIO MARÍA MOLINER QUE OUTORGA O MINISTERIO DE CULTURA



A Biblioteca Pública Municipal de Sober volve recibir este ano o Premio María Moliner da campaña de animación á lectura que outorga o Ministerio de Cultura. Na provincia de Lugo só conseguiron a axuda a Biblioteca de Sober e a de Xermade.
 
Este concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.
 
Así mesmo, valórase especialmente aquelas actividades realizadas en municipios de menos de 25.000 habitantes, apoiando así as zonas  menos poboadas.
 
Valorase ademais a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca, así como o esforzo realizado pola biblioteca en función dos seus recursos dispoñibles, a claridade e interese do proxecto para a animación da lectura e o seu valor como modelo de boas prácticas no labor bibliotecario, a planificación e viabilidade do mesmo, así como a colaboración con outras entidades (centros educativos, os diferentes axentes culturais dos municipios, etc).
 
Como beneficiaria a Biblioteca Pública Municipal de Sober recibirá unha subvención en metálico de 2.000 euros para a compra de libros e/ou publicacións periódicas.
 
A achega deberá destinarse á compra de libros e/ou publicacións periódicas para a biblioteca, e a selección bibliográfica debe realizala o persoal da devandita biblioteca en función das súas necesidades e co obxectivo de completar os seus fondos en beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com