SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER LANZA A CAMPAÑA ‘#AMANDÍZATE’, ESTE NADAL BRINDA CON VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober lanza a campaña ‘#Amandízate’, este Nadal brinda cos viños da subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra).
 
O slogan foi presentado hoxe polo alcalde, Luis Fernández Guitián, na Praza do Concello acompañado por varios membros do equipo de Goberno cunhas letras de gran tamaño da cor da uva de Amandi. Con esta iniciativa preténdese incrementar a venda dos viños da subzona de Amandi durante as Festas. A campaña forma parte dos actos programados no marco do Mes do Amandi.
 
A programación rematará coa celebración os días 5 e 6 de decembro da Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020, que se celebrará no Hotel Pazo de Sober.
 
Ademais de promocionar o novo slogan a través dos medios de comunicación e das redes sociais, o Goberno local distribuirá un listado con todas as bodegas de Sober que están a vender viño, así como o seu contacto telefónico e a web a través dos cales poder pedir información e mercar os seus produtos.
 
Encher as redes de Amandi
Desde o Concello de Sober convidan a compartir a través das redes sociais as fotos do brinde con Amandi usando o cancelo #Amandízate. Compartiranse todas as fotos que etiqueten ao Concello de Sober xunto con este lema, tanto a través do Facebook, como do Twitter e do Instagram.
 
É a primeira campaña na que se usará o slogan #Amandízate, á que seguirán outras iniciativas baixo o mesmo lema en diferentes épocas do ano.
 
O rexedor explica que decidiron “reinventarse” e organizar o Mes do Amandi e a Feira-Mostra do Viño do Amandi 2020, tras suspender a XL Feira do Viño de Amandi por mor da pandemia, para contribuír a que o sector conte cun escaparate no que amosar os seus viños e a través do que seguir facendo vendas nun ano especialmente complicado.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com