SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTA O CARTEL E A PROGRAMACIÓN DA XL FEIRA-MOSTRA DO VIÑO DE AMANDI QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 5 E 6 DE DECEMBRO



O Concello de Sober presentou hoxe a programación da Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020 e tamén os actos que conforman o Mes do Amandi, as actividades previas á celebración da Feira-Mostra, que terá lugar no Hotel Pazo de Sober os días 5 e 6 de decembro.
 
O primeiro dos actos do Mes do Amandi foi un brinde nos recentemente reformados Pendellos de Cadeiras, en Pinol. Tamén foi presentado o cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, obra de Isabel Núñez, especialmente adaptado para a ocasión cunha vendimadora con máscara.
 
Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, a Casa da Cultura de Sober acollerá unha xornada sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos organizada pola IXP Castaña de Galicia.
 
Mes do Amandi
No marco do Mes do Amandi, o luns día 9 ás 11:30 horas o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober fará unha visita guiada á restauración das pinturas murais da igrexa de San Xiao de Lobios.
 
O mércores 11 de novembro ás 12:00 horas haberá un showcooking con Carlos J. González, do Restaurante Merenzao, de Francos de Doade.
 
O xoves 12 de novembro ás 12:00 horas terá lugar a inauguración da exposición de carteis da XL Feira do Viño de Amandi na Casa da Cultura de Sober.
 
O venres día 13 de novembro ás 18:00 horas charla nas Merendas con Contos baixo o título ‘Os novos viticultores de Amandi visitan as Merendas con Contos’.
 
O sábado 14 novembro ás 12:00 horas na Oficina de Turismo de Sober farase a presentación do slogan promocional dos viños da subzona de Amandi (D.O.P. Ribeira Sacra).
 
O mércores 18 de novembro ás 10:00 horas presentarase a IXP Mexillón de Galicia ao alumnado e profesorado da Escola de Hostalería de Rosende. E o xoves 19 a partir das 11:00 horas haberá unha xornada de maridaxe de Mexillón de Galicia con viños de Amandi en colaboración con IXP Mexillón de Galicia.
 
A Escola de Hostalería de Rosende elaborará durante o mes de novembro pratos especiais con produtos da zona maridados con viños da D.O. Ribeira Sacra, subzona de Amandi.
 
No marco cultural, a bodega Rectoral de Amandi será o escenario o xoves 19 de novembro ás 12:00 horas da presentación do libro Ribeira Sacra, orixe e evolución da Denominación de Calidade, de José Mouriño.Organizan: GDR Ribeira Sacra-Caurel, GDR Miño-Ulla, GDR Adercou e GDR Sil-Bibei-Navea.
 
O venres 20 de novembro a partir das 19:00 horas as Merendas con Contos celebran a Santa Icía.
 
O sábado día 21 de novembro ás 19:00 horas será a presentación do libro disco de Xabier P. Vizcaíno na Casa da Cultura de Sober, unha actividade patrocinada pola dirección xeral de Política Lingüística.
 
O mércores 25 de novembro ás 12:00 horas showcooking con Martín Mantilla, do Restaurante Berso de Sober.
 
O Goberno local puxo en marcha tamén o concurso infantil da Feira do Viño de Amandi, cuxos gañadores se darán a coñecer o venres 27 de novembro ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Tamén se presentará o pousavasos co debuxo gañador.
 
O venres 27 tamén haberá teatro familiar ás 18:00 horas na Casa da Cultura patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo. Presentarase ‘O viaxante dos soños’ de Abú Teatro.
 
Do 27 ao 29 de novembro celebrarase o Foro Territorios Patrimonio  2020 no Hotel Pazo de Sober organizado por i-Radia. Festival 17º Ribeira Sacra.
 
As actividades que non poidan contar con público, debido ás restricións impostas polas autoridades sanitarias, serán retransmitidas a través das redes sociais do Concello.
 
Feira-Mostra do Viño de Amandi 2020
 
O día 5 de decembro farase a apertura e presentación da Feira-Mostra do Viño de Amandi no Hotel Pazo de Sober. A asistencia será mediante convite a distribuidores, xornalistas especializados e restauradores. O horario será de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 20.30 horas. E o domingo día 6 de 11:00 a 14:30 horas.
 
O pregón da Feira, que correrá a cargo da actriz Benedicta Sánchez, galardoada co premio Actriz Revelación nos últimos Premios Goya polo seu papel en ‘O que arde’, será retransmitido a través das redes sociais do Concello de Sober.
 
Os mesmos días levarase a cabo a precata e a cata de viños. O domingo día 6 farase a entrega de premios e a clausura da Feira-Mostra ás 13:30 horas.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recorda que este 2020 “vímonos obrigados a reinventarnos”, polo que anima a apoiar esta Feira “como un modo de apoiar tamén aos nosos bodegueiros nun ano especialmente complicado para todos”.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com