|   | 
  | 
| NOVAS | 
 
O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BECAS DE AXUDA AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO
 
 
  
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu conta hoxe da apertura do prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario para os estudantes da localidade. Os interesados e interesadas poderán cursas as súas peticións ata o día 16 de novembro. 
  
Os trámites poderán levarse a cabo nas oficinas municipais ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento. 
  
Todos os alumnos e alumnas de Sober que cursan estudos universitarios poden optar as becas. O Goberno local trata así de colaborar coas familias mediante esta axuda que concede todos os anos. 
  
 
  
 |   
 |  
| 
 |   
 | 
 
 
 | 
 
  |