|   | 
  | 
| NOVAS | 
 
O CONCELLO DE SOBER RETOMA AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA MAIORES
 
 
  
 
O Concello de Sober retoma hoxe mércores as actividades deportivas para maiores. 
  
A maior parte da actividade vaise concentrar este ano no ximnasio municipal para cumprir coa normativa sanitaria e poder manter as distancias de seguridade. A maiores, haberá ximnasia de mantemento en Anllo e Neiras. 
  
Ximnasia de mantemento 
Os luns haberá ximnasia de mantemento ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal. 
  
Os mércores haberá ximnasia de mantemento ás 11:00 e ás 17:30 horas e aerobic/tonificación ás 19:30 horas no ximnasio municipal. 
  
Os xoves haberá pilates ás 11:00 horas tamén no ximnasio municipal. 
  
Nas parroquias, os luns haberá ximnasia de mantemento en Anllo ás 16:00 horas e os mércores en Neiras tamén ás 16:00 horas. 
  
Ximnasio municipal 
O ximnasio municipal abrirá polas mañás de luns a xoves en horario de 10.30 a 13:30 horas e de luns a mércores pola tarde en horario de 15:30  20:30 horas. Para o uso da sala de máquinas é preciso reservar praza. 
  
Para obter máis información poden chamar ao 982 46 05 13 ou preguntar no ximnasio no horario de apertura. Este ano os grupos serán reducidos, polo que é imprescindible inscribirse para poder participar en calquera das actividades. 
 
  
 |   
 |  
| 
 |   
 | 
 
 
 | 
 
  |