SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER FORMA ÁS AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO NA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E A FAVOR DA IGUALDADE



O Concello de Sober forma ás auxiliares de axuda a domicilio na prevención da violencia contra as mulleres e a favor da igualdade. A primeira das catro charlas tivo lugar onte, no marco dunha acción cofinanciada polo Fondo Social Europeo e polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. Son impartidas pola educadora social Selene Arias.
 
Lentes Lilas
Cada día centos de mulleres maiores sofren abuso psicolóxico, físico, económico e sexual. Tendo en conta a súa idade, presentan un grao de dependencia xeralmente maior, son máis vulnerables e atópanse nun maior risco de abuso, neglixencia, chantaxe, abandono, falta de seguridade, coerción... Para loitar contra entra lacra, e co obxectivo de crear conciencia social sobre a vulnerabilidade e os riscos ós que se enfrontan as mulleres maiores emerxe ‘Lentes Lilas’.
 
Con este traballo preténdese aumentar o coñecemento e a sensibilización sobre o fenómeno da violencia de xénero contra as mulleres maiores e resaltar as necesidades e dificultades específicas que presenta este tipo de maltrato co fin de provelas de maior protección en situacións de abuso, promover accións preventivas fronte a situacións de risco e facer as súas vidas diarias máis seguras.
 
Con estas xornadas o Concello de Sober:
-        Dará visibilidade a esta problemática a fin de concienciar, sensibilizar, informar e formar ás Auxiliares de Axuda no Fogar do Concello de Sober.
-        Promulgará novas formas de actuación a través de enfoques que contemplen a perspectiva de xénero.
-        Aumentará a sensibilización sobre o fenómeno da violencia contra as mulleres.
-        Establecerá redes de apoio social e iniciativas de autoaxuda para aumentar os niveis de seguridade e solidariedade nos domicilios aos que acoden.
-        Difundirá, de forma directa e indirecta, a todo o Concello de Sober a mensaxe de traballar en prol da igualdade e na prevención da violencia contra as mulleres.
 
Programación formativa e informativa
Dando resposta a esta necesidade, no Concello de Sober decídese poñer en marcha unha programación informativa e formativa que consta de catro sesións impartidas por unha educadora social co obxectivo de dotar ás Auxiliares de Axuda no Fogar de ferramentas que as capaciten para a detección e identificación de situacións de violencia cara as mulleres no marco do seu ámbito de actuación.
 
Dar este paso implica que as profesionais sexan quen de saber cal é o mellor xeito de intervir e proceder ante esta problemática.
 
De xeito específico, alén de formar profesionais que traballen coas Lentes Lilas postas, educar en igualdade supón avanzar como sociedade, como Concello, supón fomentar o empoderamento das mulleres do rural e en definitiva, construír unha cidadanía máis tolerante e igualitaria.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com