SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PON EN MARCHA O SERVIZO ‘CONCILIA’ PARA A ATENCIÓN DO ALUMNADO ANTES E DESPOIS DA XORNADA LECTIVA NO CURSO 2020/2021



O Goberno local do Concello de Sober volve poñer en marcha o servizo de conciliación familiar ‘Concilia’ destinado ao alumnado do Colexio Virxe do Carme durante o curso 2020/2021. Iniciarase o 1 de outubro.
 
O obxectivo deste servizo, que tivo unha boa acollida nos cursos anteriores, é o de servir de axuda ás familias que precisen que os seus fillos sexan atendidos un tempo antes de entrar ou despois de saír do Colexio. “Con esta medida pretendemos avanzar na conciliación familiar ao tempo que lle permite aos nenos seguir aprendendo e divertíndose cos seus compañeiros baixo a supervisión dun profesional”.
 
“O Concello porá ao servizo das familias un profesional para atender a estes alumnos no propio centro escolar que se encargará de ofrecerlles unha programación de xogos e actividades”, segundo indica o alcalde, Luis Fernández Guitián.
 
Servizo de mañá e de tarde
O servizo ‘Concilia’ ofrece dúas modalidades: unha pola mañá e outra pola tarde. A través do servizo ‘Madrugadores’, con horario de 07:45 a 09:30 horas, o profesional do servizo encargarase da atención aos nenos e nenas para comezar o día antes do horario lectivo con xogos, actividades de lectura, debuxo, etc.
 
Xa pola tarde, de 15:45 a 17:30 horas, o Concello de Sober ofrece tamén un servizo denominado ‘Ludotardes’ no que os nenos e nenas poden aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de que os pais os recollan.
 
Medidas anti-covid
Fernández Guitián explica que “co obxectivo de manter afastada a covid-19, o servizo ‘Concilia’ do Concello de Sober cumprirá con todas as medidas de prevención e protocolos establecidos polas autoridades sanitarias”.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com