|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CELEBRARÁ NUMEROSAS ACTIVIDADES CULTURAIS ATA DESPEDIR O VERÁN

O Concello de Sober presenta a súa axenda cultural para as vindeiras semanas, en concreto para o que resta de verán.
A programación inclúe actividades para todos os públicos, que se desenvolverán en diferentes espazos, pero sempre cumprindo coas normas e esixencias que impoñen as autoridades sanitarias. Así, manteranse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso da máscara.
21 de agosto
A primeira das actividades será o día 21 de agosto ás 19:00 horas nas piscinas municipais coa actuación de Xoán Curiel, que presentará o seu espectáculo ‘Como montar a túa banda de verán’, un conto-concerto pensado para o público familiar.
22 de agosto
O día 22 de agosto ás 20:00 horas Carlos Núñez ofrece un concerto nos xardíns do Hotel Pazo de Sober no marco da súa xira ‘Lugares Máxicos’. As entradas están á venda en entradas.ataquilla.com.É o único concerto da xira que o músico vai ofrecer na provincia de Lugo.
23 de agosto
O día 23 de agosto ás 20:00 horas a Banda de Música de Sober ofrecerá o ‘Concerto para unha nova era’ nun marco exterior incomparable, Os Chancís.
28 de agosto
O 28 de agosto ás 22:00 horas a Banda de Música de Sober ofrecerá o concerto á luz da lúa na Praza do Toural.
5 de setembro
Xa en setembro, o día 5, a Praza do Pulpo acollerá o espectáculo de Carta de Ajuste baixo o título ‘O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto’.
Festas do Carme
O día 19 de setembro a Charanga Ardores dará un concerto-vermú ás 12:30 horas e ás 13:30 horas na Praza do Concello.
O mesmo día ás 19:00 horas na Praza do Toural Pequeno Cabaret Infantil protagonizará un espectáculo de rúa con Nelson Quinteiro.
20 de setembro
O día 20 de setembro a Banda de Música de Sober fará un pasarrúas, procesión e concerto coincidindo coa celebración da Virxe do Carme.
Ás 12:30 horas do mesmo día Os Monifates ofrecerán un espectáculo de rúa de música tradicional na Praza do Concello.
E ás 19:00 horas haberá un espectáculo de maxia con Dani García na Praza do Toural.
|
|
|
|
|
|