SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER LANZA UN VÍDEO PROMOCIONAL CO QUE REALZAR AS GRANDEZAS DA LOCALIDADE



O Concello de Sober lanza este sábado un vídeo promocional co que pretende realzar as grandezas da localidade. O traballo pode verse xa nas redes sociais do Concello: Facebook, Instagram e Twitter.
 
En menos de dous minutos de duración o anuncio fai un percorrido polo patrimonio histórico e natural do municipio a través do que invita ao visitante a coñecer Sober.
 
O Canón do Sil, a vendima, a olería de Gundivós, os petróglifos, o románico, a Banda de Música de Sober ou o viño son algúns dos reclamos que se poden ver a través dunhas imaxes espectaculares da localidade.
 
Tamén hai espazo para os veciños e veciñas de Sober, que aparecen vendimando, coidando o gando ou navegando polas augas do Sil. As festas locais, como a Feira do Viño de Amandi, as posibilidades de ocio e as paisaxes de vertixe completan a peza.
 
O traballo, elaborado polo fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel ‘Piro’, busca ser un escaparate de todo o que Sober ten para ofrecer baixo a máxima: “O paraíso é unha lenda, Sober unha realidade”.
 
Destino seguro
O Concello de Sober considera importante este tipo de accións promocionais, tendo en conta que estamos a falar dun ano “moi especial” para o turismo no que hai que xerar confianza nos visitantes e amosarlles que virán a un destino seguro. O alcalde, Luis Fernández Guitián, cre ademais que hai que redobrar esforzos tendo en conta “que estamos ás portas desa declaración de Patrimonio da Humanidade que perseguimos por parte da Unesco”.
Desde o Concello convidan a desfrutar deste vídeo e compartilo, para que “esa fermosa galería de Sober chegue ao mundo enteiro”.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com