|
 |
NOVAS |
ESTEBAN CARBAJO GÓMEZ, GAÑADOR DO CONCURSO DE DESEÑO DUN LOGOTIPO QUE CONVOCOU O CONCELLO DE SOBER

O xurado do concurso de deseño dun logotipo que identifique e promocione ao Concello de Sober reuniuse onte e tomou a decisión por unanimidade de que a persoa gañadora fora Esteban Carbajo Gómez, residente en Nigrán, Pontevedra.
O gañador recibirá 500 euros como premio.
O xurado valorou que o logotipo recolla a esencia do municipio, tal e como fixaban as bases, tendo en conta os seus sinais de identidade: os seus recursos naturais e turísticos, as peculiaridades dos seus sectores produtivos e os seus valores culturais. Tamén se pedía que o deseño incluíra a palabra Sober.
A proposta foi elixida de entre máis de cen enviadas por 82 participantes (cada participante podía enviar o número de orixinais que considerara). En concreto, chegaron propostas de todas as provincias galegas, así como do resto do Estado; Madrid, Barcelona, Murcia, As Palmas, Asturias, Zaragoza... Tamén houbo concursantes de fóra de España, de Irlanda ou México.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, valora “o interese” que espertou o concurso e alta participación, así como o alto nivel dos orixinais que enviaron os concursantes.
O logo será usado polo Concello como complementario ou substituto do escudo municipal.
Xurado
O xurado estivo formado polo deseñador gráfico e licenciado en Belas Artes, Humberto Loureiro, a responsable da Oficina Municipal de Turismo de Sober, Maryfe Martínez e a responsable de prensa do Concello de Sober, Silvia Pena.
|
|
|
|
|
|