|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER ROTOMA A ACTIVIDADE CULTURAL CUN CONCERTO DE XOÁN EIRIZ

O Concello de Sober retoma a actividade cultural cancelada durante o estado de alarma cun concerto de Xoán Eiriz de entrada libre.
A actuación será o sábado 18 de xullo ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Sober.
O compositor cantará as dez cancións que compoñen o seu disco ‘Poemas de amor en outono’, o número 14 da súa discografía, e fará un pequeno percorrido polas cancións máis significativas da súa traxectoria musical.
O Concello de Sober garantirá que se respecten todas as normas relativas á covid-19, así como as distancias de seguridade e outras medidas para que todo se desenvolva con normalidade e sen riscos para os asistentes.
|
|
|
|
|
|