SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA PARA A SEMANA AS ACTIVIDADES DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O Concello de Sober inicia a semana próxima as actividades enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As accións están destinadas aos nenos e nenas que participan no campamento de verán ‘Coñece o teu Concello’ organizado polo Goberno local.
 
Desde o Concello recordan que a violencia de xénero supón un problema social de primeira orde, converténdose, xa dende a perspectiva tradicional, nunha secuela contra a que temos que loitar dende todos os ángulos posibles.
 
Así, o rexedor Luis Fernández Guitián, explica que “dende o Concello de Sober tratamos de responder a acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita problemática en todas as súas expresións, tanto visibles coma non visibles”.
 
Por elo, precisa, “queremos participar de maneira directa na loita contra esta lacra, realizando unha serie de actividades socio-educativas de prevención da violencia de xénero destinadas aos máis cativos”.
 
As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e foron valoradas e propostas pola educadora social Selene Arias Sáez.
 
Calendario
As actividades serán as seguintes:
Xoves 16 de xullo, no campamento de verán do Concello, teatro con sombras: elefantes/as do presente.
O 23 de xullo, no campamento de verán do Concello, busca do tesouro: na procura da igualdade.
Xoves 30 de xullo, no campamento de verán do Concello, dinámicas/ xogos coeducación.
E xoves 30 de xullo, na piscina municipal, xincana pola igualdade. Aberta aos nenos e nenas que estean nas instalacións e queiran participar.
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com