SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO IV CAMPAMENTO DE VERÁN ‘COÑECE O TEU CONCELLO’



O Goberno local de Sober vén de abrir o prazo de inscrición no Campamento de verán ‘Coñece o teu Concello, que este ano celebra a súa IV edición.
 
Trátase dun programa gratuíto lúdico e educativo de actividades que comezará o día 1 de xullo e rematará o 30 de xullo. Terán lugar os martes, mércores e xoves de 10:30 a 13:30 horas.
 
Este ano o Concello de Sober decidiu facer algúns cambios con respecto ás edicións anteriores para cumprir coa normativa sanitaria que debe aplicarse para combater a covid-19. Así, o número de prazas ofertadas é de 6 cada semana.
 
O prazo de inscrición, xa aberto, rematará o luns 29 de xuño. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre os 4 e os 12 anos e terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober.
 
Inscrición
A inscrición realizarase enviando un correo electrónico cos datos persoais do/a participante (nome e apelidos, idade e teléfono de contacto e semana ou semanas nas que quede participar) a cultura@concellodesober.com
 
Se existe máis demanda que prazas ofertadas nunha semana, cubriranse as prazas por rigorosa orde de entrada das solicitudes no correo electrónico.
 
O Concello creará unha lista de espera para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que este campamento “levarase a cabo, sempre que as autoridades competentes o permitan, adaptándonos as novas medidas de seguridade e hixiene e seguindo os protocolos necesarios para crear un entorno totalmente controlado e seguro”. Anima aos nenos e nenas a participar e precisa que a súa organización contribuirá tamén á conciliación familiar.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com