SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PIDE UNHA AXUDA EUROPEA PARA DOTAR DE WIFI DIFERENTES ZONAS DE AFLUENCIA TURÍSTICA



O Concello de Sober vén de solicitar o programa europeo WIFI4EU destinados aos municipios pequenos para dotar de WIFI gratuíta diferentes zonas de afluencia turística.
 
No caso de Sober esta axuda, que pode chegar aos 15.000 euros, empregarase para dotar de conexión aqueles lugares nos que hai máis afluencia de visitantes, como pode ser Doade. A concesión deste proxecto permitiría crear unha rede de puntos de acceso gratuítos e de alta velocidade a Internet en diferentes lugares públicos de Sober.
 
A maiores, o Concello ten previsto ampliar a mesma rede con fondos propios municipais para poder estendela a outras zonas, como Os Chancís, os miradoiros, as proximidades das casas de turismo rural ou a propia capitalidade.                      
 
Acceso a internet de alta calidade
O obxectivo da iniciativa Wifi4 EU é proporcionar en toda a UE a residentes e visitantes acceso a internet de alta calidade a través de puntos de acceso Wi-fi gratuítos situados en espazos públicos como parques, prazas, edificios administrativos, bibliotecas ou centros de saúde.
 
Os bonos financiados pola Comisión Europea a través desta iniciativa concederanse para axudar aos municipios para instalar os puntos de acceso Wi-fi nestes centros da vida pública, utilizando os servizos de empresas de instalación de Wi-fi.
 
Cada municipio poderá contratar á empresa de instalación de Wi-Fi da súa elección para instalar os equipos inalámbricos. O bono WiFi4EU é unha subvención en forma de achega que se destina a cubrir soamente os custos de equipamento e instalación de puntos de acceso Wi-Fi. Corresponderá aos municipios correr cos gastos de conectividade (abono a internet), mantemento e funcionamento do equipo durante polo menos tres anos.   
 
 



 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com