|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER REABRE O XIMNASIO MUNICIPAL, QUE PODERÁ USARSE CON CITA PREVIA

O Concello de Sober reabre este mércores o ximnasio municipal no que poderá realizarse actividade individual con cita previa.
Para facer uso das instalacións e das máquinas deportivas será preciso reservar cita o teléfono 982 46 05 13.
Desinfección continuada
A practica deportiva farase de xeito individual e as instalacións serán desinfectadas despois de cada uso. O Concello de Sober tamén levou a cabo o protocolo de desinfección antes da reapertura e seguirá con el ata que as autoridades sanitarias o aconsellen.
O Goberno local ten previsto abrir tamén a principios do mes próximo a pista de pádel, emprazada na contorna das piscinas municipais de Sober, e tamén a pista polideportiva de Centeás.
En ambos os casos será preciso pedir cita previa para o uso das instalacións. Estas medidas pretenden dar cumprimento a todas as normativas sanitarias para seguir combatendo a aparición da covid-19 entre a poboación.
Así, o Goberno local agradece que se faga un uso responsable das instalacións municipais e se respecten as novas normas establecidas.
|
|
|
|
|
|