SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PORÁ EN FUNCIONAMENTO NO MES DE XUÑO UNHA OFICINA COWORKING PARA PEMES E EMPRENDEDORES



O Concello de Sober porá en funcionamento no mes de xuño unha oficina coworking dotada cun mínimo de 6 postos individuais con fibra óptica para pemes e emprendedores.
 
As instalacións que o Goberno local vai habilitar estarán emprazadas na primeira planta da Oficina de Turismo na Praza do Concello e ocuparán arredor de 70 metros cadrados.
 
A oficina poderá ser empregada por veciños e veciñas do Concello de Sober que necesiten teletraballar e non dispoñan de rede adecuada nos seus domicilios e tamén para aquelas pemes ou emprendedores que non teñan un local no que traballar.
 
O espazo cooworking municipal está especialmente indicado para os profesionais que realicen a maior parte do seu traballo con medios informáticos.
 
Cumprimento da normativa de seguridade
Todos eles disporán de conexión a Internet mediante fibra óptica e mobiliario básico de oficina, cumprindo a normativa de seguridade e distanciamento social referida á prevención do COVID-19.
 
O Concello de Sober encargarase dos labores de limpeza e desinfección dos postos de traballo e comunicará aos usuarios as medidas hixiénicas e de uso que deberán cumprir durante a súa estancia no recinto.
 
Axuda aos emprendedores
O obxectivo é poder axudar a pequenas empresas, emprendedores e profesionais do Concello de Sober que non poidan facer fronte ao pagamento de alugueres de locais ou non teñan conexión á rede nas súas vivendas, vendo así perigar a continuidade do seu negocio.
 
O Concello de Sober elaborará un regulamento de uso que permita organizar o espazo e establecerá un prezo simbólico para dispor das instalacións e organizar horarios.
 
A asignación dos espazos de traballo realizarase por orde de recepción de solicitudes, que poderán facerse por vía telemática ou chamando ao Concello de Sober, unha vez se publique o regulamento.
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com