|
 |
NOVAS |
A OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DE SOBER VÉN DE REABRIR AS SÚAS PORTAS

A Oficina Municipal de Turismo de Sober vén de reabrir as súas portas.
A Oficina foi preparada atendendo ás recomendacións preventivas de saúde laboral ante o COVID-19 para as Oficinas de Información Turística elaboradas pola Xunta de Galicia. A guía de boas prácticas aplicouse para garantir a saúde no ámbito laboral das persoas traballadoras e tamén para ofrecer todas as garantías aos usuarios.
Antes de retomar a actividade fíxose unha limpeza e desinfección a fondo, que se seguirá levando a cabo de forma periódica. Vaise garantir a distancia de seguridade de dous metros na atención ao público e cumprir coas normas sobre o aforo. Para iso foron instalados elementos de protección e barreiras, como unha mampara, carteis e adhesivos informativos.
Tamén se colocaron dispensadores de xel e será obrigatorio o uso das máscaras. Así mesmo, elimináronse os folletos turísticos, que só serán manipulados polo persoal municipal.
O horario de apertura será de xoves a domingo de 09:30 a 14:30 horas.
|
|
|
|
|
|