SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DISPORÁ A VINDEIRA SEMANA DUN TÚNEL HIXIENIXANTE INCHABLE DOADO POR RECTORAL DE AMANDI



O Concello de Sober disporá a principios da semana próxima dun túnel hixienizante inchable doado por Bodegas Rectoral de Amandi co que poder facer fronte ao COVID-19. O Goberno local destinará este túnel ás piscinas municipais de Sober.
 
O obxectivo, tal e como explica o rexedor, Luis Fernández Guitián, “é axudar a manter a máxima hixienizacion dos usuarios e usuarias da piscina municipal unha vez poida entrar en funcionamento”. O alcalde agradece o xesto de Bodegas Rectoral de Amandi “do que poderán beneficiarse todos e todas os usuarios da piscina”.
 
Uso obrigatorio
O sistema é o de hixienización de superficie por nebulización. O túnel vaise situar á saída dos vestiarios e vai ser de obrigatorio pasar por el para acceder ás zonas de baño, descalzos ou en zapatillas.
 
O arco sanitario de desinfección funciona con peróxido de hidróxeno en proporción do un por cento. Contén varias boquillas de aspersores que, mediante o sistema de nebulización,permiten realizar a limpeza integral das persoas, ao mesmo tempo que permite tamén limpar os pés ao incorporar unha alfombra na que se deixan todos os restos do virus.
 
O túnel hixienizante inchable conta cun sensor de movemento que detecta a entrada das persoas.
 
O arco sanitario pódese colocar en calquera lugar. A montaxe é rápida, sen necesidade de instalacións previas nin toma de auga. Ademais é lixeiro e fácil de transportar.
 
O produto está fabricado conforme ás directivas do Parlamento Europeo e do Consello de Europa que lle son de aplicación.
 
O Concello de Sober aposta por este novo dispositivo encamiñado a que os veciños e veciñas poidan acudir ás piscinas municipais nunhas condicións de seguridade mantendo, na medida do posible, o COVID-19 afastado.
 
Dispositivos tecnolóxicos de última xeración
Esta compra súmase á doutro material de tecnoloxía punteira xa adquirido polo Goberno local, como termómetros para o control de temperatura con tecnoloxía infravermella con cámara termográfica, purificadores de aire ionizadores e antibacterianos con luz ultravioleta que xa funcionan nos edificios públicos, así como un xerador de ozono para a desinfección de vehículos e outros espazos públicos pechados e pediluvios desinfectantes para poñer na entrada dos edificios abertos ao público.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com