SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA UN CONCURSO PARA O DESEÑO DUN LOGOTIPO QUE IDENTIFIQUE E PROMOCIONE O MUNICIPIO



O Concello de Sober convoca un concurso para o deseño dun logotipo que servirá para identificar e promocionar ao municipio.
 
O concurso rexerase polas bases que se axuntan, que o Goberno local vén de facer publicas e que poderán consultarse nas súas redes sociais e na súa web www.concellodesober.com 
 
Resumo das Bases
O logotipo debe recoller a esencia do municipio tendo en conta os seus sinais de identidade: os seus recursos naturais e turísticos, as peculiaridades dos seus sectores produtivos e os seus valores culturais.
 
En concreto, o logo debe representar un ou varios valores significativas do Concello de Sober (viño, música, olería de Gundivós, Canón do Sil, románico, rosca....).
 
Tamén se valorará a creatividade e a claridade da obra que facilite o seu rápido recoñecemento e contribúa a establecer unha rápida identificación co municipio. Polo tanto, o deseño debe incluír a palabra SOBER.
 
A obra debe ser orixinal e inédita e así o debe expresar o autor ou autora certificando que o deseño é propio e que non se infrinxiron os dereitos de autor de terceiras persoas.
 
Ningún deseño poderá conter firmas nin levar sinais de identidade que identifiquen ou permitan coñecer a identidade do autor ou autora.
 
O logo será usado polo Concello como complementario ou substituto do escudo municipal.
 
Formato
O deseño terá unha disposición horizontal ou vertical e, se é en cor, deberá ir acompañado dunha versión monocroma (branco e negro ou escala de grises) que posibilite a súa reprodución nunha tinta.
 
Inscricións
A inscrición é gratuíta e aberta a todas aquelas persoas que desexen participar, independentemente da súa idade, nacionalidade ou lugar de residencia. Cada participante poderá achegar o número de deseños que considere.
 
O prazo de recepción das propostas a concurso remata o martes 30 de xuño e deberán ser remitidas a través do enderezo electrónico prensa@concellodesober.com acompañadas dos datos persoais: nome e apelidos, domicilio, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico e fotocopia do DNI.
 
Fallo do xurado
O xurado, formado por 3 persoas relacionadas co mundo do deseño e un representante do Concello que actuará como secretario pero sen voto, determinará o deseño gañador atendendo aos criterios de adecuación á temática (representatividade do municipio e creación dunha marca que identifique a Sober), creatividade e claridade da obra.
 
O fallo, que será inapelable, darase a coñecer ao longo do mes de xullo de 2020 e será previamente comunicado á persoa gañadora.
 
Premio
O Concello de Sober establecerá un premio económico de 500 euros dirixido á persoa responsable do deseño do logotipo que o xurado determine como gañador.

BASES GALEGO

BASES ESPAÑOL

 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com