|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER PON A AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS E A BIBLIOTECA MUNICIPAL A DISPOSICIÓN DE UNIVERSITARIOS E ESTUDANTES DE SECUNDARIA

O Concello de Sober pon a disposición dos estudantes universitarios e dos de secundaria a Biblioteca Pública Municipal e a Aula Municipal de Novas Tecnoloxías, ambos espazos con acceso gratuíto a internet.
Para facer uso das instalacións tan só terán que pedir cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico.
Teléfonos:
982 400513
982 460414
E-mail:
biblioteca@concellodesober.com
informatica@concellodesober.com
O Concello de Sober pon a disposición do alumnado que o necesite ambos servizos para que poidan seguir cos seus estudos nun ambiente tranquilo.
Desde o Concello cumpriranse os protocolos necesarios de distancia entre usuarios, así como a desinfección dos locais e de todo o material de xeito continuado.
|
|
|
|
|
|