|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER PREPÁRASE PARA A DESESCALADA MERCANDO DISPOSITIVOS TECNOLÓXICOS DE ÚLTIMA XERACIÓN PARA O CONTROL E DESINFECCIÓN FRONTE AO COVID-19

O Concello de Sober prepárase xa para a desescalada e a volta á normalidade adquirindo diferentes dispositivos tecnolóxicos de última xeración cos que controlar a posible expansión do COVID-19 e cos que seguir cos traballos de limpeza e desinfección.
Deste xeito, vén de mercar termómetros para o control de temperatura con tecnoloxía infravermella con cámara termográfica que estarán nos edificios públicos (Casa do Concello, Casa de Cultura, Gardería ou Oficina da Turismo, entre outros).
Tamén adquiriu purificadores de aire ionizadores e antibacterianos con luz ultravioleta que funcionarán igualmente nos edificios públicos, así como un xerador de ozono para a desinfección de vehículos e outros espazos públicos pechados onde se celebren actividades, tales como o ximnasio municipal, pavillón polideportivo ou o auditorio da Casa da Cultura.
Tamén se mercarán pediluvios desinfectantes para poñer na entrada dos edificios públicos.
Cóntase ademais con dispensadores de xel hidroalcohólico instalados hai anos en todas as dependencias municipais.
Medidas todas elas encamiñadas a que os veciños e veciñas poidan saír das súas casas nunhas condicións de seguridade mantendo, na medida do posible, o COVID-19 afastado.
|
|
|
|
|
|