|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER RETOMA A LOITA CONTRA A VELUTINA COLOCANDO 200 TRAMPAS

O Concello de Sober retoma a loita contra a velutina ou avespa asiática colocando trampas e atraente. A intención do Goberno local é frear a expansión deste insecto que está causando graves danos, sobre todo na apicultura.
Na xornada de onte colocáronse 50 trampas en árbores froiteiras en diversos puntos do Concello e van colocarse 150 máis.
As trampas e o atraente entréganse de forma gratuíta aos apicultores, ademais de colocarse en lugares estratéxicos das 22 parroquias de Sober.
Frear a expansión
Coa distribución das trampas polas distintas parroquias preténdese evitar que as raíñas, despois dun período de hibernación, poida comezar a elaborar niños. Estímase que con cada niño primario que se evite tamén se freará a expansión deas entre 5.000 e 7.000 avespas que ten cada un deles. As raíñas están espertando, polo que convén actuar cantos antes para que a velutina non se siga expandindo.
Se alguén atopa un niño de velutina deberá chamar ao 112 para que procedan á súa retirada.
|
|
|
|
|
|