|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER PORÁ A DISPOSICIÓN DE TODOS OS NENOS E NENAS MASCARILLAS HIXIÉNICAS INFANTÍS REUTILIZABLES

O Concello de Sober porá a disposición de todos os nenos e nenas empadroados na localidade mascarillas hixiénicas infantís reutilizables.
As mascarillas terán un deseño adaptado á poboación infantil e serán de dúas tallas. Para nenas e nenos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos.Para menores de 3 anos as autoridades sanitarias non recomendan o uso de mascarillas.
Entregaranse dúas mascarillas por neno e nena e un manual de uso de acordo coa normativa aprobada polo Ministerio de Sanidade.
As mascarillas estarán a disposición dos nenos e nenas de Sober antes do 27 de abril, data fixada polo Goberno do Estado para que as nenas e nenos podían saír da casa.
Serán mascarillas de triple capa de material téxtil recomendado polo Ministerio de Sanidade.
As mascarillas infantís estarán a disposición dos pais nas farmacias de Sober a mediados da vindeira semana.
|
|
|
|
|
|