|
 |
NOVAS |
NATURGY INVISTE 180.000 EUROS EN OBRAS DE REELECTRIFICACIÓN EN SOBER

A compañía eléctrica Naturgy comezou esta mesma semana unhas importantes obras de reelectrificación na parroquia soberina de Bolmente.
Trátase da construción dun centro de transformación no lugar de Cimadevila, en concreto da liña de media tensión e de baixa tensión, que afectará á practica totalidade da parroquia de Bolmente e a unha parte da parroquia de Figueiroá e da parroquia de Barantes.
Esta importante mellora supón un investimento aproximado de 180.000 euros e vai mellorar o subministro eléctrico desa zona do Concello, o que traerá consigo que non se repitan as baixadas de tensión que ás veces se producían.
O Concello de Sober agradece o importante investimento que fai a compañía eléctrica na renovación da liña nestas parroquias, que é continuación doutras melloras que xa se fixeron en anos anteriores noutros puntos da localidade.
|
|
|
|
|
|