SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PON A DISPOSICIÓN DE TODA A VECIÑANZA MASCARILLAS GRATUÍTAS



O Concello de Sober pon desde hoxe a disposición de todos os veciños e veciñas mascarillas gratuítas de diferentes tipos, autofiltrantes FFP2 e tamén cirúrxicas, as recomendadas polas autoridades sanitarias para previr o coronavirus.
 
As persoas interesadas en posuír unha desta mascarillas poderán retiralas desde hoxe mesmo nas farmacias da localidade ou contactando con Protección Civil de Sober no seu número de teléfono 650 20 34 40 (en funcionamento as 24 horas).
 
O Concello de Sober está en disposición de comezar a entrega grazas á xunta directiva do Coto de Caza local que, xunto coa Asociación de Viticultores e de varias bodegas da localidade, conseguiron reunir máis de 2.000 mascarillas.
 
Desde o Concello porán a cantidade necesaria a disposición dos Servizos Sociais municipais, Protección Civil, Residencia da terceira idade e persoal do Centro de saúde.
 
As restantes estarán a disposición de todas as veciñas e veciños, que poderán conseguir de forma gratuíta mascarillas cando recollan medicamentos nas farmacias de Sober ou a través de Protección Civil no teléfono 24 horas (650 20 34 40). O Concello pide que se faga unha retirada responsable destas mascarillas para que poidan chegar a todos os veciños e veciñas.
 
Así, estas mascarillas xunto coas recibidas dende a Xunta fan posible que todos os veciños e veciñas de Sober poidan dispoñer do seu EPI (Equipo de Protección Individual) fronte ao coronavirus.
 
O Goberno local agradece o traballo da xunta directiva do Tecor de Sober (Coto de Caza), da Asociación de Viticultores e das bodegas que fixeron a doazón.
 
Outras entregas
Tamén se entregarán mascarillas cirúrxicas que a Xunta fixo chegar ao Concello, así como pantallas protectoras a todos os dependentes de locais abertos o público en Sober elaboradas por Héctor Suárez e unha profesora do CEIP Virxe do Carme.
 
Ao mesmo tempo a Xunta vén de entregar un novo lote de material para a residencia de maiores. O Goberno local fixo entrega ademais de material de equipos de Protección recibidos da Xunta para o propio Concello.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com