|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER OFRECE A PARTIR DO LUNS UN SERVIZO GRATUÍTO PARA LEVAR COMIDA A DOMICILIO

Dous restaurantes de Sober ofrecen desde hoxe mesmo servizo de comida para levar. Nos dous casos debe de facerse previamente o encargo do menú.
Os enderezos e teléfonos de contacto son:
Restaurante Parada, na Rúa de Monforte de Sober, teléfono 982061616.
A Cantina dos Meus Avós, no Campo de Bulso, teléfono 627434586.
No caso de Restaurante Parada tamén se ofrece o servizo de menú a domicilio.
A maiores, o Concello de Sober ofrece a partir do luns un servizo gratuíto para levar comida a domicilio a través do persoal de Protección Civil da localidade.
O Goberno local estaba a artellar este servizo que pon en marcha con carácter inmediato para axudar aos veciños e veciñas que o necesiten e non teñan medios de desprazamento para que poidan así permanecer nas súas casas e lograr conter o coronavirus.
O servizo debe solicitarse previo contacto co Concello de Sober ou cos Servizos Sociais municipais a través dos números de teléfono 982460001 e 982460513.
O servizo que pon en marcha o Concello de Sober facilitará o envío do xantar que serven a través destes dous restaurantes, a compra en supermercados de Sober, medicamentos ou outras necesidades básicas imprescindibles.
O Goberno local recórdalle aos veciños e veciñas que é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior.
|
|
|
|
|
|