SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER FELICITA A MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, DE LIÑARÁN, PREMIADO NUN CERTAME NACIONAL DE DESEÑO



O Concello de Sober felicita a Manuel González Rodríguez, con raíces en Liñarán, polo seu premio no certame nacional de deseño ‘Rado Star Prize Spain’, que tivo lugar no marco do Madrid Design Festival.O obxectivo do certame é promover ás novas promesas do deseño, dándolles unha plataforma para mostrar o seu traballo.
 
Na actualidade o mozo de 34 anos atópase rematando o ciclo de ebanistería artística na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antonio Faílde, en Ourense, e este verán planea abrir un taller de artesanía en Liñarán.
 
O concurso
Manuel González participou neste concurso no que preseleccionaron a 9 participantes que foron os que pasaron á final. O seu traballo foi seleccionado por un xurado de profesionais do mundo do deseño e a semana pasada estivo exposto nas xornadas ‘Madrid Designe Festival’, no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM).
 
O soberino presentou a peza ‘Sestrelo’, unha mesiña auxiliar que tamén serve de asento. A idea de sestrelo vén da palabra orixinaria ‘setestrelo’ que na cultura galega denomina a constelación da osa maior coas súas sete estrelas ben marcadas.
 
A súa peza conseguiu o premio do público, que consistía nun reloxo da marca suíza RADO e na posibilidade de expor a súa creación. Manuel González traballa xa noutras pezas, concretamente na confección dunha cama de can ca técnica de dobrado de madeira.
 
             


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com