SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DESTINA 430.000 EUROS DOS ORZAMENTOS DE 2020 A MELLORAS DA REDE DE AUGA E SANEAMENTO



O Concello de Sober destina 430.000 euros dos Orzamentos de 2020 a melloras na redes de auga e saneamento.
 
Os investimentos do Goberno local apostan “de xeito claro” pola ampliación da rede de saneamento e abastecemento. Así, hai varias obras que se farán este ano:
 
1ª Fase de Saneamento Arxemil e Suairexa- Neiras (180.000 euros, pendente de permisos de Confederación e Deputación).
2ª Fase do Saneamento en Arxemil, o Saneamento en O Ventorrillo-Neiras e a distribución da rede de abastecemento en toda a parroquia de Figueiroá e nos lugares de Portizó e Soutonovo en Anllo Santo Estevo, todo elo con 250.000 euros de inversión.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “coas obras previstas arredor do 80% da poboación do Concello contará este ano con auga e saneamento municipal”.
 
Consíganse ademais a mesma partida que o ano pasado para o mantemento das depuradoras rurais, que están perfectamente atendidas.
 
Infraestruturas viarias
Os Orzamentos para 2020 recollen preto de 250.000 euros para infraestruturas viarias.
 
En concreto, 85.000 euros para o Plan de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural, 70.000 euros de fondos propios para mellora de accesos, 20.000 euros do Plan Único para aglomerado de accesos, 25.000 euros para accesos a viñedos e 40.000 euros da Consellería do Medio Rural a través do Plan PIR para o aglomerado da estrada de Vilanova-Gundivós a Neiras.
 
Outras obras previstas son:
 
-Novo Arquivo municipal e Xulgado de Paz e ascensor no edificio da antiga Cámara Agraria; obras ás que se destinan 60.000 euros cun 80% de axuda de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
-Renovación de alumeados públicos, 2ª fase do IDAE con preto de 200.000 euros para cambiar a LED de ultima xeración preto de 500 puntos de luz.
 
Tamén se vai adquirir un vehículo eléctrico e un punto de recarga, con destino ao servizo municipal de augas e medio ambiente.
 
O Orzamento total do Concello de Sober para este ano ascende a máis de 2,8 millóns de euros nos que se prioriza o gasto social e o investimento público.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com