SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER APROBA UNS ORZAMENTOS PARA 2020 QUE REFORZAN O GASTO SOCIAL



O Concello de Sober vén de aprobar, cos votos a favor do Grupo de Goberno e a abstención de Agroma Sober e o PSOE, uns Orzamentos para 2020 nos que prima o gasto social e o investimento público.
 
O orzamento ascende a 2.805.000 euros e o alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca que se trata dunhas contas “que fan da perspectiva de xénero un asunto transversal, que se tivo en conta en todas as políticas, plans e programas que se van a desenvolver para transmitir unha imaxe efectiva igualitaria, plural e non estereotipada de homes e mulleres na sociedade”.
 
Ingresos
No capítulo de ingresos, o Goberno local baixa a taxa do lixo nun 10%, ao tempo que non se sobe ningún imposto nin taxa municipal (gardería, IBI, vehículos, escola de música, auga e saneamento).
 
Gastos
No apartado de gastos, o Concello prima o gasto social ao que destina preto de 800.000 euros. Contémplase un importante incremento no salario para as Auxiliares de Axuda no Fogar, arredor dun 6% (por uso de vehículo propio), máis o 2% que corresponde coa suba estatal, e contémplase un 0,3% adicional.
 
Outras medidas
Mantense o Servizo de Conciliación no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, gratuíto con xornada de mañá e tarde.
 
Amplíase a dotación das becas de transporte universitario e as axudas para alumnos de BAC.
 
Amplíase a dotación das axudas aos clubs de Fútbol e seguirá habendo axudas para deportistas individuais.
 
Obxectivo, débeda cero
O rexedor explica que o Goberno que preside segue a rebaixar a débeda viva co obxectivo de rematar o ano con débeda cero.
 
Outros investimentos
O Concello de Sober fará ademais un importante esforzo na mellora da rede de saneamento e abastecemento (ao que destina 430.000 euros), nas infraestruturas viarias (250.000 euros) e no impulso do turismo (máis de 200.000 euros), a través de medidas concretas que irá dando a coñecer nas vindeiras semanas.
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com