SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ABRE UN NOVO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS



O Concello de Sober abre unha nova fase das Axudas á Rehabilitación de Vivendas (ARI) para aquelas persoas interesadas en facer reformas nas súas casas. A quinta fase deste programa, que en Sober comprende a todo o termo municipal, permitirá actuar en 24 vivendas cun orzamento aproximado de 200.000 euros.
 
Cuarta fase
A cuarta fase do programa subvencionado polo Ministerio de Fomento e o Instituto Galego de Vivenda e Solo está aínda en execución. Comprende 11 actuacións en vivendas privadas por importe de 228.000 euros, dos cales o Goberno do Estado e o IGVS van financiar 94.000 euros.
 
Na cuarta fase estanse a executar obras en Villaoscura, no Castro, en Villoriz, en Sober, en Santiorxo, Barantes, Bolmente, Canabal e en Amandi.
 
Terceira fase
A terceira fase permitiu a mellora de 8 vivendas por un importe de 195.838 euros, dos que foron subvenciados 85.850 euros polo IGVS e o Ministerio de Fomento. Esta fase tamén contou cunha actuación pública, a urbanización do barrio de Figueiroá, por un importe de 28.099 euros, actuación para a que o Concello recibiu unha axuda de 11.900 euros.
 
Na terceira fase, xa rematada, fixéronse actuacións en Proendos, en Ferrón, en Ousille, en Villoriz, en Sanmil, en Cacedo, en Barantes e en Sober, na capitalidade.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a posibilidade de acceder a estas axudas que permiten a mellora das construcións existentes, tanto por fóra como no seu interior e anima aos veciños e veciñas a informarse para poder solicitalas.
 
O persoal da Oficina do ARI atende no Concello de Sober os mércores e venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.
 
 
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com