SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COMEZA OS TRABALLOS DE PROSPECCIÓN EN PROENDOS NA BUSCA DUNHA VILA ROMANA



O Goberno local do Concello de Sober comeza hoxe os traballos de prospección en Proendos, nas inmediacións da igrexa, na procura dunha vila romana. A empresa encargada da prospección, Estela Arqueoloxía e Patrimonio, dedicará o día de hoxe a probar dúas técnicas para elixir a que mellor se adapta aos traballos. Dun lado, probarán o xeorradar e tamén un gradiómetro para decidir cal das dúas técnicas mide mellor o substrato sobre o que farán a intervención.
 
Grazas a estes aparatos que emiten pulsos e fan comparativas co terreo poden obter información sobre o que hai no subsolo, fosas ou restos, no que se coñece como a fase de prospección. É un traballo previo á escavación arqueolóxica, que se levaría a cabo nunha segunda fase.
 
Os traballos, que se prolongarán durante toda a semana, vanlles permitir saber por onde van os muros e os restos que quedaron baixo a terra para poder cartografialos e facer mapas de localización.
 
Posibilidade de atopar unha vila romana
Trátase dunha zona de especial valor arqueolóxico na que xa foi documentado un xacemento e unha tumba do alto medievo. Fran Alonso, director da prospección, explica que o que esperan atopar é “unha vila romana” pola abundancia de material romano que xa ten sido documentado na zona.
 
As prospeccións levaranse a cabo nunha área dunhas cinco hectáreas partindo da contorna da igrexa parroquial de Santa María, de orixe románico. Suponse que nesta zona pode estar concentrada a maior parte dos restos da antiga poboación.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia de poder recuperar este patrimonio oculto rastreando gran parte da cabeceira da parroquia para detectar a presenza de antigas construcións no subsolo. “Sería unha maneira de ter máis información sobre o noso Concello e un novo reclamo para visitalo”, precisa.  


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com