|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA ORGANIZACIÓN DA II ESCALEIRA LITERARIA

O Goberno local colabora coa organización da II Escaleira Literaria de Sober, que se vai desenvolver o sábado día 11 de maio ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural. Trátase dun evento poético e musical promovido por Moncha Prieto e co que colabora o Concello de Sober para conmemorar as Letras Galegas deste ano, dedicadas a Antonio Fraguas.
O acto, que servirá como unha homenaxe ao historiador e xeógrafo natural de Cotobade achegándonos á súa vida e obra da man de Xosé Manuel Fernández.
O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme lerá os traballos realizados sobre o medio ambiente, mentres que Sara González e Neus Canadell representarán a lenda ‘A lavandeira da noite’.
Tamén haberá un recital coas súas creación literarias no que van participar: Luis Fernández Guitián, Ramón Sandoval, Mercedes Marcos, Alfonso Campos, Paco Ledo, Rosa García e Moncha Prieto. O recital contará co acompañamento musical do grupo local O Trícole.
Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober coa posta en escena da obra de Manuel Lourenzo ‘Margot na residencia’, dirixida por Eva F. Ferreira. As actrices serán Ana Somoza e María Trigo.
De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole e peche do acto a cargo do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.
|
|
|
|
|
|